![]() |
Podcasts | Community | Create a Podcast |
|
485984177
|
|||||||||
TRANSMIGRACIÓNCamiño de Plutón, rumbo ó Planeta Anano |
|||||||||
|
TRANSMIGRACION 11: doce programas sen piedade
February 25, 2007 12:15 PM PST
O último programa de TRANSMIGRACION tentou recoller algunhas cancións que non podían faltar e algunhas outras que sorprendesen ós ointes habituáis da serie. Así, saíron ó ar TÚZAROS, COMMON, THE CURE, ALLISON KRAUSS ou PATTI SMITH (na foto, claro), entre outros como HOBBLERS, MOTORPSYCHO, GERMÁN COPPINI ou THE NATIONAL. Que desfrutedes o derradeiro bocado. Saúde! February 15, 2007 11:20 AM PST
No programa número dez de TRANSMIGRACION conmemoramos por todo o alto o 30 aniversario do festival de jazz de Gasteiz, escoitando unha boa cantidade de músicos presentes nalgunha das edicións deste mítico evento anual. Abriu fogo HERBIE HANCOCK e pecharon JOSHUA REDMAN e BRAD MELDHAU. Entremedias, xente como OSCAR PETERSON, GERRY MULLIGAN ou o homenaxeado WYNTON MARSALIS (o que fotografiamos desta volta). Saúde! January 28, 2007 10:41 AM PST
O número oito foi un programa adicado a bateristas e percusionistas de tódolos estilos. Arrancamos cun ecléctico trío (FANFARE CIOCARLIA, LOS CORONAS e CAL TJADER), detivémonos no latin jazz (con, por exemplo, RAY BARRETTO e MONGO SANTAMARÍA) e chegamos ó mellorciño do rock (STONE ROSES e ROLLING STONES pecharon o programa).
January 02, 2007 12:37 PM PST
A quinta entrega de TRANSMIGRACION estivo adicada a esas cancións (ou esas músicas), que canto máis se escoitan máis prestan. Escoitado agora paréceme unha das mellores seleccións que chegamos a facer os secuaces de El Hungaro: dende BUGGE WESSELTOFT ata PINK MARTINI, dende OMAR SOSA (na foto) ata MAU MAU... dende RODRIGO LEAO ata FOUR TET. Saúde!
December 22, 2006 09:13 AM PST
Non podo explicar moi ben o título deste episodio, entresacado do total dos doce que, ata o de agora, estaban aquí colgados.
O rapaz da foto, xa o sabedes, é BRAD MEHLDAU, e foi algo así como o protagonista desta edición na que houbo jazz, blues, trip-hop, doo wop e moitas outras cousas. Que o disfrutedes. |
About El HungaroFans of this Show
Favorite LinksEl hungaro's FriendsContact MeSubscribe to this Podcast
Program Archive
|
||||||||